Once grupos galegos participarán nos intercambios da Rede de Música ao Vivo

Desenvolveranse un total de 47 recitais en Galicia e Portugal

| Santiago. Redacion | Seccións:
Compartir:

O programa de intercambio que desenvolve a Rede Galega de Música ao Vivo coa súa homóloga portuguesa OuTonalidades chega este outono á súa segunda edición. En total, serán once grupos galegos e seis portugueses os que muden de escenario e pasen a raia para o país veciño co obxectivo de dar un total de 47 concertos en vinte localidades diferentes entre setembro e decembro. Pola banda galega participan no proxecto Aló Django, Banda Potemkin, Bukowski Blues Trío, Carmen Dor, Coanhadeira, De Outra Margem, Lamatumbá, Modulok Trío, Portrait, Som do Galpom e Son+D2, mentres desde Portugal achléganse Comcordas, Olivetree, Samasati, Sofia Ribeiro, Taberna Revisitada e Uxu Kalhus.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Blues, Rede Galega de Música

Claves

Conceptos
Lugares