A Academia do Audiovisual presenta unha base de datos de festivais

Trinta e seis citas audiovisuais galegas aparecen recollidas no compendio

21/12/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Academia Galega do Audiovisual ven de presentar no seu sitio web a base de datos con tódalas mostras de audiovisual e festivais que se celebran en Galicia para dar a coñecer ao público tódalas convocatorias festivaleiras de cine,curtametraxe e audiovisual existentes no país. Trinta e seis eventos de audiovisual de carácter xeralistas ou por xéneros e formatos diferentes aparecen nesta base de datos organizada por meses. O directorio, resultado das reunións mantidas entre festivais e a Academia durante 2015 e da que naceu a Coordinadora de Festivais de Cine de Galicia, recolle os nomes, datas, imaxe e enderezo de contacto dos mesmos.Na exhaustiva recompilación podemos atopar desde as citas máis canónicas e evidentes como o Festival de Cine Internacional de Ourense, Festival de Cans ou Cineuropa ata outras de recente creación como o Festival de Curtametraxes sobre o Patrimonio Arqueolóxico, pasando polas especializadas como o Festival de Cinema Fantástico da Coruña ou Chanfaina´Lab entre outros moitos. O recurso é público para libre consulta.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, Festival de Cans, Academia Galega do Audiovisual...