Ponse en marcha a Coordinadora de Festivais de Cine

A iniciatica conta co apoio da Academia Galega do Audiovisual

23/9/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Dar a coñecer e poñer en valor o traballo que están realizando os distintos festivais e servir de comunicación entre eles. Estas son as bases fundamentais coas que bota a andar a Coordinadora de Festivais de Cine de Galicia. O proxecto, que nace co apoio da Academia Galega do Audiovisual, inclúe a creación dunha base de datos no que se recollan todas as citas deste tipo que existen no país. O pasado venres celebrouse en Compostela o primeiro encontro desta iniciativa, no que se acordou crear unha xestora na que están representados o festival S8, da Coruña, o Chanfaina Lab de San Sadurniño, o Play–Doc, de Tui, o Carlos Velo de Celanova e o vigués Primavera de Cine. Este órgano será o encargado de elaborar un texto sobre o que os diferentes eventos realizarán achegas con vistas a elaborar uns estatutos e oficializar unha asociación do sector de cara ao vindeiro mes de decembro.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Academia Galega do Audiovisual, Carlos Velo, San Sadurniño...