Nace a coordinadora de festivais audiovisuais galegos

Reúne a vinte eventos deste tipo e aspiran a ter unha voz común

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Preto de vinte responsables de festivais audiovisuais galegos, convocados pola Academia Galega do Audiovisual, acordaron o martes en Santiago crear unha coordinadora que lle dea maior visibilidade aos festivais que se están a realizar en Galicia. Os directores presentes na xuntanza apoiaron a creación dun calendario común de festivais. Tamén valoraron a importancia de prestarse apoio técnico e xurídico, e de constituírense como unha única voz ante as administracións. A nova coordinadora servirá para que os distintos certames aproveiten sinerxias, compartan experiencias e se reforcen mutuamente.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual