O Parlamento de Galicia acolleu este luns a presentación de Lex.gal, unha plataforma en rede con acceso á versión consolidada, actualizada e en galego de todas as normas ditadas desde o ano 1981 polo Parlamento de Galicia. O proxecto, desenvolvido entre o Parlamento e a Xunta de Galicia, considera ampliarse a través dos "códigos sectoriais nos que se reunirán sistematizadas e ordenadas por sectores da actividade da administración ou das diversas ramas do dereito as principais normas vixentes comentadas e accesibles para a súa descarga gratuÃta"