AÃnda que xa se coñecÃa que o Parlamento de Galicia enviara ao desguace a escultura conmemorativa do seu 25º aniversario, ninguén vira as impactantes fotografÃas da desfeita da escultura que antes sobresaÃa entre as reixas do Parlamento á rúa Ramón Piñeiro. Un lector de Galicia Confidencial publicou esta fin de semana fotografÃas da coñecida obra tiradas na chatarra. A obra fora encargada polo Parlamento de Galicia no 2006 como unha das accións para festexar o 25º aniversario da fundación da institución e tivo un custe de 60.000 euros. Segundo El PaÃs, o proxecto tiña permiso para cupar parte da vÃa pública durante un ano. O mesmo xornal indica que o Parlamento decidiu retiralo xa que a escultura estaba podre e o mal estado dalgunhas das pranchas metálicas podÃa ser problemática.