Quiosco: Murguía, Revista Galega de Historia, 33

A figura de Xosé Velo, a dereita galeguista na II República ou un traballo sobre Manuel María fan parte da entrega

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Quiosco: Murguía, Revista Galega de Historia, 33

O documento que recolle a expulsión de Xosé Velo do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) é o contido que leva á súa capa o número 33 de Murguía, Revista Galega de Historia, que xa está á venda. Canda a isto, o volume achega artigos destacados como un texto inédito de 1936 que amosa o apoio da Dereita Galeguista ao Plebiscto do Estatuto de Autonomía de Galiza dese mesmo ano. A "intentona republicana" de Crecente do 1905, a partir da figura de Marcelino Gómez Arias ou o Antón Alonso Ríos agrarista son algúns dos contidos da nova entrega. Canda a isto, o investigador Prudencio Viveiro analiza a prensa e a edición de libros entre a colectividade galega emigrada na Arxentina, mentres Xosé Estévez rememora as súas viaxes e a relación co poeta Manuel María, homenaxeado no último Día das Letras Galegas. Unha entrevista con Manuel Gago, director de Culturagalega.gal e comisario da exposicón Galicia 100 do Consello da Cultura Galega ou as habituais recensións de lanzamentos editoriais completan a entrega.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: A Xanela, 37

Xosé María Díaz Castro centra a nova entrega da Revista Cultural das Mariñas

A Xanela, 36

A Xanela, 36

Etnografía, historia ou literatura danse cita na nova entrega da revista mariñá

Quiosco: Galegos 18

Quiosco: Galegos 18

A etapa galega de Picasso centra a nova entrega da revista de Ézaro Ediciones

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Xosé Velo, República, Xosé Estévez...