O I Festival Telearqueoloxía reparte os seus premios

Os depósitos da Lanzada e Castrolandín protagonizan os filmes galardoados

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O certame de audiovisual de temática arqueolóxica da Deputación de Pontevedra, Telearqueoloxía, deu a coñecer esta fin de semana os premios da súa primeira edición. Os restos do pasado: unha viaxe pola Lanzada foi o filme que se impuxo na categoría Bifaces desta competición e levou os 3.000 euros do premio. O traballo de José David Gamallo Mouteira fai unha aproximación a este depósito arqueolóxico a ter en conta a importancia comercial da área e a incluír o importante patrimonio inmaterial vencellado á área. Pola súa banda, na categoría Lascas para menores de 18 anos, o traballo gañador foi Castrolandín filme realizado polo alumnado de 1º da ESO do CPI Aurelio Marcelino Rey Gacía de Cuntis foi a gañadora do primeiro premio, dotado con 1.500 euros.

Canda a estes, entre os 49 traballos que se presentaron ás dúas categorías de participación, A pedra das ferraduras de Iria García Porto, Johanna Peña Martínez e Óscar Martínez Solla do IES Alvaro Cunqueiro de Cotobade fíxose co segundo premio da categoría Lascas, mentres en Bifaces, este posto foi para EQUUS: Ferus Atlanticus, de Xilberte Manso de la Torre e Xosé Lois Vilar Pedreira. O premio do público foi para A pedra dos nenos en Lascas e para Veni Vidi en Bifaces. Os traballos presentados ao certame están dispoñibles en Youtube.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, Castrolandín, ESO, Deputación de Pontevedra...