O Museo de Pontevedra presenta Telearqueoloxía

O proxecto busca a participación social arredor do patrimonio a través do audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O Museo de Pontevedra presenta Telearqueoloxía

Implicar a cidadanía no coñecemento e na investigación dos depósitos arqueolóxicos da provincia mediante o audiovisual. Esta é o eixe de Telearqueoloxía, a proposta que presentaban onte a Deputación e mais o Museo de Pontevedra. A iniciativa pretende organizar grupos de traballo de entidades e particulares que recibirán formación sobre investigación arqueolóxica e video-investigación. Con posterioridade, os participantes realizarán curtametraxes sobre este patrimonio na provincia e participarán, xa no mes de decembro, nun festival audiovisual de curtametraxes de temática arqueolóxica.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra

Claves

Lugares