La vendedora de fósforos e Baronesa impóñense no OUFF

Os filmes galardoados proxectaranse esta fin de semana na Cidade das Burgas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Festival de Cinema de Ourense acaba de dar a coñecer os traballos galardoados na súa vixésimo segunda edición. La vendedora de fósforos, de Alejo Moguillansky, impúxose como mellor filme da competición iberoamericana "pola súa capacidade para pensar o real a través da ficción e pola súa habilidade para construír un relato combinando materiais diversos sen perder a vitalidade do impulso". Pola súa banda Chris Gude fíxose co Premio Carlos Velo á Mellor Dirección polo seu traballo en Mariana, categoría na que houbo ademais unha mención especial para La noche polar, de Florencia Romano.

Na competición Óperas Primas, o xurado seleccionou Baronesa, de Juliana Antunes como mellor producion, "porque a directora aborda con forza e unha mirada sensible termos urxentes como a intimidade e a sexualidade feminina, creando un retrato valente e vital sobre os espazos de resistencia e perserverancia das mulleres". Tamén neste apartado o xurado outorgou unha mención a 69 minutes of 86 days, de Egil Håskjold Larsen. Baronesa foi tamén escolleita para o Premio do Xurado do Cineclube Padre Feijoo, mentres o xurado universitario entregoulle o seu galardón a Vermelho Russo, de Charly Braun.

Os filmes seleccionados proxectaranse ao longo desta fin de semana nos Cines Ourense PonteVella-Galicine e mais no Cineclube Padre Feijoo.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, OUFF, Cidade das Burgas, Carlos Velo...

Claves

Protagonistas
Conceptos