A organización do XXI Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF) acaba de facer público esta mañá o palmarés desta edición. O xurado da Competición Iberoamericana, formado por Miriam Reyes Cárcamo GarcÃa, Luis López Carrasco e Manuel Antonio Yáñez Murillo, acordou outorgarlle a Calpurnia á mellor pelÃcula a Como me da la gana II, de Ignacio Agüero, "por explorar o sentido Ãntimo e ao mesmo tempo universal da expresión cinematográfica" e mais "por reivindicar o valor do interrogante e o extravÃo na creación e a reflexión ao redor das imaxes". Ademais deste galardón, dotado con 8.000 euros, Gustavo Fontán fÃxose cos 3.000 do premio Carlos Velo ao Mellor Director polo seu traballo en El limonero real. As mellores interpretacións, tanto feminina como masculina foron para os protagonistas de DÃas extraños, Luna Acosta e Juan Lugo Quebrada.
O xurado acordou, ademais, conceder unha mención especial a Hermia & Helena, de MatÃas Piñeiro, "por capturar a esencia da comedia de Shakespeare nun hábil exercicio de tradución fÃlmica do seu espÃrito lúdico e o seu dinamismo escénico". Na categorÃa de Óperas primas impúxose a produción Boone de Christopher Lamarca e houbo unha mención para Las calles de MarÃa Aparicio.
Pola súa banda, o xurado do Cineclube Padre Feijóo, formado por MarÃa Barreiro Muñoz, Laura Iglesias Campos e Mariana Romero González, acordou outorgarlle o premio o mellor filme na categorÃa de Óperas Primas a The Dazzling Light of Sunset de Salomé Jashi e realizou unha mención especial para Notes on Blindness de Peter Middleton e Jame Spinney.