Non cabe dúbida de que 2016 está a ser un ano destacado na carreira literaria de Miriam Ferradáns. A poeta de Bueu, nada en 1982, acaba de se facer co Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro na súa quinta edición, apenas un mes despois de vencer tamén no último premio Xosé María Pérez Parallé. Nesta ocasión, o xurado recoñeceu o seu poemario De Tacto cun galardón que inclúe unha dotación de 1.500 euros. A autora, ademais, fora galardoada neste mesmo ano co Premio Francisco Añón por Deshabitar unha casa e ficou segunda no premio Rosalía de Castro de Cornellá.
O segundo premio do premio Leiras Pulpeiro, que convoca o Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo, foi para Regreso a Itaca de Modesto Fraga, mentres Xosé Antón Fortes quedou terceiro con Ofelia sen dó. A Casa do Concello acollerá o vindeiro 7 de xaneiro o acto de entrega destes galardóns.