Valle –Inclán e Carlos Casares son os dous nomes propios que resaltan na programación do CDG para Temporada 16-17. Coa entrada do ano chega a liberación de dereitos de autor que permite legalmente traducir ao galego as obras do dramaturgo universal Ramón MarÃa del Valle-Inclán, unha vella teima do sector que sempre tivo en contra os desexos dos herdeiros do autor, que neste ano 2016 fixo os 150 anos do seu nacemento. O Centro Dramático Galego festexa as dúas datas poñendo sobre as táboas como produción propia dúas das obras da triloxÃa Martes de Carnaval, non serán as tres por falta de capacidade orzamentaria. Dúas direccións que traballan por vez primeira co CDG encargaranse das obras traducidas por Manuel Cortés. Baixo a dirección de Tito Asorey estará As galas do defunto e Marta Pazos dirixirá A filla do capitán. As obras estrearanse o vindeiro 31 de marzo, segundo o previsto. A directora do CDG, Fefa Noia, presentou hoxe detalladamente toda a programación e actividade prevista para o Centro no vindeiro ano. No acto, celebrado no Salón Teatro, estivo acompañada polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román RodrÃguez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil. Ademais un nutrido grupo de representantes do sector das artes escénicas e das súas asociacións e institucións estiveron presentes apoiando o acto.
O CDG unirase no 2017, como xa é habitual, á celebración do DÃa das Letras Galegas dedicado ao escritor Carlos Casares. Como aÃnda está recente a representación que da obra As laranxa máis laranxas de todas as laranxas fixera o Centro (2014), nesta ocasión optouse por unha coprodución con TalÃa Teatro e a Fundación Carlos Casares para facer unha lectura dramátizada , ou "aproximación dramática" en palabras de Noia, á novela Os mortos daquel verán de casares, que dirixirá Artur Trillo. Entre as catro coproducións da temporada cabe sinalar por estar próxima á estrea na sede do CDG ( 12 de xaneiro) a que se fixo coa compañÃa lusa Teatro da Oficina de Guimaraes poñendo en escena O conto de inverno de William Shakespeare cunha equipa metade lusa e metade galega. Tamén destaca Elisa e Marcela, unha obra en coprodución coa compañÃa A PanadarÃa, con texto de Gena Baamonde e Esther F. Carrodeguas, na que se dramatiza sobre o episodio real acontecido na Coruña en 1901 no que dúas mulleres homosexuais conseguiron formalizar matrimonio ante a igrexa. Esta obra estrearase en outubro. Anxo Lorenzo quixo remarcar durante o acto a importancia do feito de que dentro das súas liñas de actuación o CDG recupera a actividade editorial sacando a colección O papel do teatro en coedición con Edicións Positivas e comezando coa publicación do Tartufo. A directora do CDG destacou a importancia que desde a súa dirección se dá ás liñas de colaboración co sector a través de programas como o Dramaturxente, do programa de residencias e a través de actividades de formación nas que se buscará responder ás necesidades reais actuais dos profesionais da escena galega contando co asesoramento das asociacións representativas. O CDG tamén terá este ano unha colaboración co Concello de Santiago a través dunha serie de encontros con artistas que pasen pola cidade e os profesionais galegos, serán os Encontros no ambigú. Fefa Noia asegurou que un dos obxectivos do CDG seguirÃa a ser o de achegar novos público ao teatro, liña que xa se buscaba coa produción de Tartufo, aÃnda en cartel, e na que cree se avanzou.