O Premio do Público Culturgal naceu en 2013 coa intención de recoñecer "proxectos destacados e relevantes para a sociedade e vinculados á cultura galega", cunha especial atención a "propostas novidosas, con proxección de futuro, transversais e asociativas, que se relacionen directamente coa sociedade civil e fomenten a súa implicación". Segundo explicou a organización da feira, nesta edición seleccionáronse como finalistas "tres candidaturas ``mozas´´ cun sólido percorrido e perspectivas de futuro".