Monterroso acolle o II Festival Agrogay

O evento quere visibilizar un rural diverso con música, artesanía, obradoiros e humor

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Granxa Maruxa, en Cumbraos (Monterroso) acolle os vindeiros 29 e 30 de agosto a segunda edición do Festival Agrogay da Ulloa. Este proxecto, que nace coa intención de "visibilizar un rural diverso, afectivo e sexualmente, e dar valor a outros principios como a sostibilidade, o respecto ao patrimonio material e inmaterial, e o ecoloxismo", mestura ocio e militancia. Así, no programa inclúese unha feira de artesanía, un encontro de intercambio de sementes ou debates para crear unha axenda LGTBIQ para o rural con actuacións como as de Fran Rei, De Vacas ou Davide Salvado. Tamén haberá unha ruta de viños por establecemento gay-friendly da zona.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Monterroso, Humor, Davide Salvado, Feira...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares