As Lacon Network son eventos que se celebran os últimos venres de cada mes, e son o punto de referencia para o sector das TecnoloxÃas da Información, Internet e novas tecnoloxÃas en Galicia. Cada mes, unha entidade ou empresa diferente encárgase da organización do evento, que se entende como un picoteo informal, que vale para mellorar relacións, coñecer a outra xente do sector e intercambiar ideas e proxectos. Este mes de novembro, o venres 25 ás 14:00 h., é o Consello da Cultura Galega quen organiza a edición, que conta cun plus: ao remate do encontro, o comisario da exposición Galicia 100, Manuel Gago fará un percorrido personalizado, centrado na innovación, ao redor da mostra, que se atopa en Afundación, ao carón de onde se celebra o evento. A asistencia á Lacon Network é libre, e non precisas de convite, pero debes inscribirte.