O sector turístico procura aumentar as posibilidades de negocio a través da tecnoloxía

O congreso atende tanto ao turismo rural como ao posicionamento do produto na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O turismo busca novas saídas ante a crise. Neste contexto desenvólvese os vindeiros 9 e 10 de decembro o congreso Turismo e Novas Tecnoloxías. Entre os obxectivos destas xornadas que organiza a Consellaría de Innovación e Industria, Turgalicia e Vindeira (a plataforma tecnolóxica das TIC) está darlle a coñecer aos profesionais do sector turístico experiencias prácticas reais coas posibilidades que lles poden ofrecer a aplicación das novas tecnoloxías aos seus ámbitos de traballo. Entre os asistentes ao congreso destaca Enrique Dans, profesor do Instituto de Empresa que falará sobre as accións de promoción e posicionamento na web 2.0.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Tecnoloxía, Turismo, Turgalicia

Claves

Entidades