Con grande precariedade de medios e de espazos, a arte fotográfica vive no entanto un bo momento creativo no noso país. Unha importante afección, a existencia de ciclos formativos ou a crecente sona de creadores galegos contrastan con importantes carencias que lastran a súa potencial proxección. Facemos un repaso polo estado da oitava arte en Galicia.
Houbo tempos mellores para a fotografía en Galicia, con máis exposicións, espazos, festivais e publicacións. A día de hoxe, o Outono Fotográfico mantense, cun eximio orzamento, como o principal punto de encontro para os afeccionados. Canda a este festival, tres galerías e unha presa de proxectos manteñen o testemuño desta disciplina. En contraste, unha afección social crecente e creadores que destacan no panorama artísticos revelan o potencial do país neste campo.
Poucos puntos de apoio
O abandono institucional da arte fotográfica , que contrasta cun maior apoio en tempos pretéritos, é unha constante cando se fala da situación desta disciplina con especialistas no ámbito. Para Xosé Lois Vázquez, director do Outono Fotográfico, "hai un certo divorcio entre o interese da sociedade e o das institucións. Poida que os grandes contedores culturais como o CGAC ou o MARCO non lle dediquen o seu espazo a creadores galegos de fotografía, pero todo chegará". Na mesma liña, o coordinador deste evento, Vítor Nieves sinala que en xeral "a institución publica está a desaparecer do mundo da cultura a todos os niveis, e penso que non vai volver". A mesma percepción ten Manuel Sendón, responsable do Centro de Estudos Fotográficos e nome fundamental das artes da imaxe no país durante as últimas tres décadas. "Hai desidia por parte as institucións. A nivel de dinámica e de posibilidades non ten nada que ver co que se daba anos atrás. Hoxe resulta moi difícil facer unha exposición", asevera.
Unha eiva na que concordan é na necesidade dun museo específico dedicado á imaxe. "Non temos un museo especializado, e resulta rechamante que non o haxa, cando existe en lugares máis pequenos", sinala Nieves. Sendón lembra que isto "é algo que levamos a reclamar desde os anos 80 e non se ve ningún movemento neste sentido. Bótase en falta unha institución a nivel galego que recolla todo o patrimonio histórico desta arte e tente conservalo e difundilo en condicións axeitadas", explica a incidir de xeito especial na importancia duns documentos visuais que en moitos casos están a se deteriorar.
Unha evolución desigual
A repasar a evolución da oitava arte no país, Nieves considera que o balanzo é positivo. "Custou moito, pero conseguiu un estatus de disciplina artística. A isto contribuíron diferentes festivais e as asociacións fotográficas que xurdiron en Galicia nos anos 70 e 80". Malia a isto, recoñece que "segue a ser como a irmá pequena das artes. Hai un clarísimo apoio ao cinema desde o sector público, pero un fotógrafo non pode conseguir financiamento para un proxecto. Precisamente nese sentido creamos o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, que permite publicar catálogos e producir exposicións", explica. A lembrar a súa propia experiencia á fronte do Centro de Estudos Fotográficos con Xosé Luís Suárez Canal desde mediados dos anos 80, Manuel Sendón sinala que "en Galicia, e supoño que en todos os lados, a cousa está moi amolada. Os museos reduciron orzamentos e desapareceron salas", lembra. Na súa memoria, destacan eventos desaparecidos como Fotobienal de Vigo, unha iniciativa que entre 1984 e 2000 achegou ao país unha selección de traballos de grande nivel, tanto galegos como internacionais. Do mesmo xeito, o CEF desenvolveu durante os anos 80 e 90 unha intensa actividade que implicou exposicións e proxectos como as coleccións Álbum, pioneira na recuperación de fotógrafos históricos galegos, ou Trinque dedicada a creadores contemporáneos. Fronte a estes períodos, na actualidade "reducíronse dunha maneira impresionante os orzamentos e a programación que dedicaba á cultura as Caixas. En xeral perdéronse moitos espazos que acollían exposicións de fotografía. En Vigo construíron un espazo", o Centro de Arte Fotográfica de Vigo, "que inauguraron antes das eleccións cunha exposición que foi unha vergoña, e que despois diso ficou fechado". Dentro da debilidade actual do sector, Sendón olla con pesimismo a propia situación do Centro de Estudos Fotográficos. Logo de comisariar a exposición sobre José Suárez que se puido ver na Cidade da Cultura e que na actualidade xira por Sudamérica, "non hai ningún proxecto, e estamos mesmo a cuestionar se disolver o Centro", advirte.
Iniciativas precarias
Canda ao Outono unicamente o Proxecta, que se mantén en Cambados logo de varias xeiras en Vilagarcía, mantén o facho dos eventos dedicados a esta arte no país. Miguel Riopa e José Luiz Oubiña son os responsables dun evento que se centra no fotoxornalismo e que celebrou neste 2016 a súa novena edición, con dúas mostras. Para alén dos eventos, a nivel editorial destaca Fabulatorio, proxecto de Cibrán Rico López e Suso Vázquez Gómez que desde 2012 suma seis títulos centrados na fotografía e na imaxe con nomes como Tono Mejuto ou Jesús Madriñán. Doutra banda, o pasado ano nacía revista electrónica Caleidoscópica, que recolle traballos de Ana Parada, Charo López, Miguel Auria, Pilar Abades, Sabela Iglesias, Silvia Mella e Xiana Quintas e que está a preparar o seu segundo número.
Para Xosé Lois Vázquez o propio feito de que "en Galicia sexamos quen de manter un festival da categoría do Outono Fotográfico é unha mostra do bo momento da fotografía.Isto supón que hai decenas ou centos de fotógrafos que están a mandar as súas producións a un evento cultural de ámbito galego sen obter nada a cambio. Son eles os que sosteñen este programa cun orzamento ridículo". Como contrapartida a esta capacidade de autoxestión, Manuel Sendón apunta que "o escaso orzamento que ten fai que dependa do voluntarismo dun par de persoas, que era algo que xa pasaba coa Fotobienal", explica. Tamén Tono Arias, responsable da galería Dispara, considera unha debilidade do certame ouresán o feito de que "ao ter poucos medios, son os fotógrafos os que poñen todo o esforzo e os cartos. Non é algo que aconteza só en Galicia, pero si que penso que é lamentable e algo a amañar".
Novos espazos
Precisamente canto a espazos de arte dedicados á fotografía no país, contamos unicamente con tres galerías. Para alén de Dispara, na Estrada, que tamén desenvolve tarefas de xestión cultural e funciona como libraría, A Coruña acolle Sala Sal, que abriu aínda en decembro de 2015, e Ribeira Garaxe O Faiado desde o pasado abril. A falar deste tipo de espazos, Sendón advirte que "as galerías están tamén a sufrir moito. O mercado para o mundo da fotografía é quizais o que menos pesa". Nese sentido advirte que "a entrada da fotografía do mundo da arte resulta complicado. Esixe formatos máis grandes, edicións limitadas, e iso incrementa o custo". Desde Dispara, Tono Arias recoñece que "como galería apenas vendo, só nalgunha feira se consegue abondo como para pagar os gastos do posto", sinala, "e penso que todas as especializadas en fotografía estamos máis ou menos igual". Ao seu ver, "hai un bo nivel artístico, mesmo en habendo pouca infraestrutura e mesmo pouco respecto para o autor". Nesa liña, apunta que "o fotógrafo é o último da cea. Cando se fan exposicións e catálogos todos comen menos el, que mesmo chega a pagar. Isto acaba provocando que haxa xente que renuncie a expor o seu traballo".
Tendencias
Coinciden con el os especialistas consultados ao sinalar a calidade creativa que se vive neste momento malia á precariedade. Vítor Nieves apunta que "non penso que haxa diferenzas a nivel conceptual ou artístico entre as nosas fotógrafas e fotógrafos a respecto do resto de Europa e do mundo. É certo que na arte hai illas territoriais, e segundo a cultura e os costumes pode haber diferenzas notables, pero en xeral penso que teñen a mesma calidade e as mesmas oportunidades", explica. "Non me parece que exista un estilo definido. Hoxe a arte está completamente globalizada. O novo fotodocumentalismo ou o documental-ficción é algo que comezou hai uns anos e hoxe faise aquí, na India ou no Xapón. Dentro desas tendencias, ás veces cóllense temas locais, que poida que non se entenda noutro contexto", conclúe. Desde a visión de Tono Arias, á hora de falar de estilos e temáticas "xa non se pode falar de fotografía no sentido clásico, cómpre situar a imaxe nun contexto. Ao mellor hai fotografías nun libro ou nunha exposición que en si mesmas non son boas a nivel técnico, pero funcionan como conxunto. Entón non se pode falar da fotografía como un estilo determinado ou característico, o campo abriu moito".
Creadores
Dentro do panorama actual, Nieves salienta a continuidade de veteranos. "Hai nomes consagrados como Vari Caramés, que desde hai uns anos reactivou en grande medida o seu traballo e segue na súa liña pero con novas gramáticas". Dentro de propostas máis recentes, destaca o traballo de "Carla Andrade, que comezou a expor hai cinco anos no marco do Outono Fotográfico e neste tempo conseguiu unha proxección impresionante, ou Eva Díez, que foi Premio Galicia no pasado ano e con moi pouco traballo feito está a conseguir un grande eco". Recomenda tamén seguirlle a pista a José Romay, outro dos gañadores do Premio Galicia, "que está fai cousas alucinantes nunha liña de documental clásico". Ao seu ver existe unha xeración "de xente nada arredor do ano 80 que están agora mesmo a publicar libros, participar e feiras e facer cousas boas e con ideas moi claras. Eu penso que non van quedar polo camiño". Tamén Tono Arias coincide en sinalar o labor de Vari Caramés canda a creadores recentes como "Jesús Madriñán, Tono Mejuto ou Carla Andrade".
Popularización
Como fermento para este momento creativo, Sendón recoñece o importante interese social pola creación arredor da imaxe. "É un medio contemporáneo e resulta lóxico que acudamos a el como xeito de nos representar", explica, e salienta que "hai xente a traballar que fai obras interesantes, e se as condicións fosen mellores a produción tamén había ser maior e de máis calidade". Ao igual que os seus compañeiros, Sendón salienta a variedade temática e estilística da produción fotográfica do país. "Hai xente que traballa con concepcións moi diferentes, e isto é moi interesante", sinala. De xeito similar, para Tono Arias non hai dúbida de que "a fotografía dixital democratizou un pouco" esta arte e permitiu "achegarse a moita xente nova, ao baixar o custo". A maiores, a existencia de espazos para estudar a disciplina, como as Escolas de artes e as de Imaxe e Son facilitan contar con creadores cada vez máis formados, malia á recente desaparición a nivel estatal do ciclo medio de Formación Profesional dedicado á fotografía. Como contrapartida, "isto tamén implica que hai moita palla no palleiro. Aparecen moitas cousas que non teñen calidade artística ou técnica. Isto tamén dilúe un pouco os creadores que poden destacar e provoca que o público non sexa capaz de recoñecer se o que está a ver é unha peza artística. O nivel baixou en moitos casos e mesmo as propias institucións chegan a promover exposicións penosas". En paralelo apunta que, de xeito paradoxal "a crise provoca que aparezan traballos potentes, porque hai moita xente no paro que ten máis tempo para lle dedicar aos seus proxectos persoais". Como unha mostra de esperanza para o sector, o director do Outono Fotográfico sinala que "acaba de se facer a primeira reunión para crear unha asociación de fotógrafos galegos, o que me parece unha boa noticia".