Migallas celebra vinte anos de carreira coa reedición de Canta connosco!

O álbum foi un dos pioneiros de música en galego para crianzas

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Migallas celebra vinte anos de carreira coa reedición de Canta connosco!

Hai vinte anos o grupo pontevedrés Migallas publicaba Canta connosco!, un traballo pioneiro na música para cativas e cativos en galego. Agora, para conmemorar esas dúas décadas, o dúo lanza unha reedición daquel traballo. Da man de Kalandraka Editora, o álbum chega en formado libro-CD-DVD, karaoke incluído, con ilustracións de Óscar Villán. Como na primeira versión, doce temas achegan ritmos do máis variado, a incluír música tradicional, rap, rock, cumbia, reggae ou pasodobre, con temas que fixeron danzar xa a varias xeracións de crianzas.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, DVD, Kalandraka

Claves

Entidades
Conceptos