O grupo Migallas, transmutado en banda, muda de terzo no seu novo traballo e aposta por un público mozo e adulto. Logo de dous discos centrados nas crianzas, Zaragallada achega unha selección de temas nos que se mesturan pop, rock, ska, pasodobre, tango, rumba ou vals cun acompañamento que inclúe guitarras, acordeón, saxo, trombón, teclados ou baixo. Ademais da banda, participan no álbum nomes como Leandro Deltell (baterÃa), Paulo Nogueira e Magoia Bodega (percusión tradicional), Maurizzio Polsinelli (piano) e Carmen Gallego (violÃn). O proxecto, que inclúe temas reivindicativos como O que hai que facer canda a cancións máis lÃricas, está editado por Inquedanzas Sonoras, e gravouse no estudio Casa de Tolos de Segundo GrandÃo.
Para as presentacións ao vivo, Migallas achega canda aos concertos a versión escénica Empanada da casa. A actriz MarÃa Campos interpreta neste espectáculo humorÃstico diferentes personaxes cos que se tratan cuestións como os consumismo, os prexuÃzos sobre o galego, o clasismo ou a moda e a publicidade.