O Día da Ciencia en Galego lembra a Mendel e a Cruz Gallástegui

As bibliotecas públicas dedican todo o mes de novembro á divulgación científica

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Hoxe, catro de novembro, celébrase en todo o país o VII Día da Ciencia en Galego. Esta cita, que coordina a Institución Galega de Ciencia, homenaxea este ano a Mendel, descubridor das leis de herdanza de caracteres e mais a Cruz Gallástegui, fundador da Misión Biolóxica de Galicia. Precisamente o Parlamento de Galicia realiza esta mesma mañá un acto de homenaxe a este veterinario e investigador. De xeito paralelo, as Bibliotecas da Xunta de Galicia desenvolven este mes un intenso programa de actividades orientadas á divulgación científica. Obradoiros, conferencias, contacontos, demostracións de novas tecnoloxías ou espectáculos de maxia fan parte dun programa que chega tamén ás bibliotecas escolares do país. A arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, foi a científica convidada este ano para a elaboración do Manifesto a favor da ciencia en galego nas bibliotecas.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Bibliotecas, Manifesto, Parlamento de Galicia...