O proxecto Muro de Medeiros explora as relacións entre patrimonio e empresa en Monterrei

Trátase de recuperar un castro e un conxunto de lagares rupestres

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Muro de Medeiros é un sitio arqueolóxico ubicado na parroquia de Medeiros (Monterrei). Trátase dun castro pequeno, pero que destaca polas súas impresionantes defensas en pedra e pola especial concentración de lagares rupestres que se dá nas terrazas do castro ou inmediatamente ao seu carón. A partir da alianza entre a comunidade de montes de Medeiros, o concello de Monterrei, que é a entidade promotora, e a adega Martín Códax, o castro recuperarase desde un enfoque orientado á súa rehabilitación pero tamén para o estudo da presenza do viño na comarca de Monterrei. A maiores, a adega Martín Códax, patrocinadora do proxecto, produciu o viño Mara Moura, un godello que difunde a singular lenda do castro do Muro da Cidade, na que unha moura agasalla coa pranta do viño aos veciños, aproveitando a tradición oral para os seus produtos.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Monterrei, Moura, ADEGA, Tradición oral...

Claves

Entidades
Lugares