Co lema Dentro e Fóra, a elección que fai o artista de que elementos retrata e que elementos exclúe cando fai unha fotografÃa a través do encadre é o eixe do trixésimo cuarto Outono Fotográfico. A iniciativa, que se presentou o pasado venres, contará nesta ocasión con 92 exposicións, da cales 34 fan parte da Sección Oficial. Precisamente neste apartado poderán verse traballos de nomes recoñecidos internacionalmente como Rubi Lebovitch, Júlia Franco Braga, Amy Friend, Alexandra Polina, Daniel Laurinc & Zuzana Laurinc Halanova, MatÃas Costa, Julia Borissova, Kristin Trüb ou Alexis W. En total amosaranse traballos de 304 artistas que amosarán o seu traballo tanto en mostras individuais como colectivas. As propostas expositivas poderán verse en 21 localidades galegas e catro de portugal, e o programa ademais inclúe 14 accións formativas.