O Outono Fotográfico de Ourense chega á súa nova edición con mudanzas. A partir desta xeira, a sección oficial da cita artellarase cada ano a partir dun eixe temático, nesta ocasión o binomio Identidade/Alteridade. En total, o programa que se presentaba onte inclúe 121 exposicións, das cales 28 son da Sección Oficial, e que se poderán ver en 91 espazos expositivos distribuÃdos por 32 localidades de Galicia e do Norte de Portugal.
A proposta achegará tamén un total de 16 cursos e obradoiros e conta con obras de 443 autoras e autores, entre os que se atopan nomes recoñecidos como os de Lindsay Morris, Manuel López, Tito Mouraz, Alexis W. Net ou Same de Wide. A inauguración será o vindeiro dÃa 31 no ourensán Parque de San Lázaro, onde se poderán ver imaxes de diferentes mostras e se desenvolverá un concerto e unha actuación de teatro experimental.
Programa do Outono Fotográfico 2014.A proposta achegará tamén un total de 16 cursos e obradoiros e conta con obras de 443 autoras e autores, entre os que se atopan nomes recoñecidos como os de Lindsay Morris, Manuel López, Tito Mouraz, Alexis W. Net ou Same de Wide. A inauguración será o vindeiro dÃa 31 no ourensán Parque de San Lázaro, onde se poderán ver imaxes de diferentes mostras e se desenvolverá un concerto e unha actuación de teatro experimental.