Por segundo ano, o WOMEX visita Compostela. Onte abría as súas portas a maior feira internacional dedicada ás músicas do mundo. Esta presenza pode ser un indicio do especial peso que o noso país ten nesta escena global. No entanto, se ben é certo que a proxección exterior da nosa música de raíz é un fenómeno crecente, a realidade non dá para que nos poidamos considerar unha potencia no sector. Eivas na industria e a necesidade de maiores apoios públicos aparecen como as principais pexas para desenvolver o importante potencial dos nosos sons nun mercado mundial.
A maior feira de músicas do mundo recunca en Santiago de Compostela dous anos despois da súa primeira visita á capital galega. Esta repetición sitúa o noso país na primeira liña neste campo, e fornece unha oportunidade única para a proxección dos nosos artistas e empresas. A elección obedece, segundo o web do evento "á resposta positiva encol do Womex 14 dos participantes, a prensa e a rexión", e non indica necesariamente que se nos poida considerar unha potencia neste ámbito. No entanto, algo debe de haber. Cunha aposta crecente pola proxección exterior, os nosos sons, nomeadamente os máis vencellados á tradición, están a conseguir novos espazos. No entanto, non faltan dificultades para que a industria galega realice o seu potencial exportador.
A medrar
Segundo sinala Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, "neste momento, é incuestionable a calidade e a variedade da nosa música tradicional. Isto, que nós tiñamos claro desde tempo atrás, hai anos que é tamén compartido por festivais, espazos de concertos e circuítos musicais de todo o mundo. A estela que comezaron artistas e agrupacións como Milladoiro, Berrogüeto, Carlos Núñez, Mercedes Peón... continúana hoxe outros nomes importantes no noso panorama actual como Cristina Pato, Davide Salvado, Budiño, Germán Díaz, Roi Casal, Uxía, Susana Seivane... e moitos outros". Ademais, apunta un interese crecente por ampliar campos de negocio. "As nosas empresas culturais están a apostar cada vez máis pola internacionalización. Este interese vémolo diariamente pero incluso podemos corroboralo cun dato obxectivo: desde a Agadic, en 2013 convocamos axudas por importe de 350.000 euros para distribución exterior e non se adxudicou toda a dotación por falta de peticións. Neste ano 2016, a convocatoria foi de 420.000 euros e o crédito esgotouse en poucos meses", asegura.
Coincide con el en grande medida Vítor Belho, responsable de Nordesía, a axencia de management, distribución de artistas e organización de eventos que coordinou as dúas edicións do WOMEX que se desenvolveron en Compostela en colaboración co Piranha Musik, responsable da feira. "Nun momento coma este, no que a música está a discorrer dun xeito que nunca antes se viu, estamos á altura doutros territorios máis grandes e máis importantes. Somos competitivos. Hoxe non é tan mediático como hai uns anos que un artista galego toque en Canadá, Inglaterra, Brasil ou Australia, pero isto está a acontecer, e podemos ver que un mapa no que cada vez acontece máis e máis a miúdo" asegura, a explicar que "contamos con figuras destacadas moi recoñecidas internacionalmente, sen ningunha dúbida. Temos nomes clásicos como Carlos Núñez, Mercedes Peón ou, no jazz Abe Rábade". Advirte no entanto, que a nosa pegada internacional débese contemplar a ter en conta a posición relativa do noso país. "Internacionalmente a existencia de Galiza como país é aínda controvertida, sinala. Non somos quen de facer unha aposta decidida por nos dotar de instrumentos que nos permitan ter un lugar máis destacado no mundo".
Proxección colectiva
Para alén de nomes concretos, tanto Sutil como Belho apuntan como característica actual da presenza da música galega fóra o feito de estar a se proxectar unha visión colectiva do noso patrimonio sonoro. "Xunto co traballo dos nos nosos artistas estamos a difundir a riqueza e as características da música galega como expresión colectiva, coas súas diferenzas e singularidades, que son as que realmente a sitúan nun lugar propio no mercado global", explica Sutil. Belho pola súa banda afirma que "logo de abonar desde moitas fontes terreos como a música tradicional e a danza, isto comeza a dar os seus froitos. Radio Cos, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Leilía, Bieito Romero ou a Orquestra Galega de Jazz, que tamén traballa coa tradición, son expresión claras de que a música de raíz é máis vivida do que nunca. E non é un xénero concreto, senón toda unha identidade que a xente, e mesmo a xuventude, acolle, goza e participa. E para min este é o fito máis relevante, non se trata de contar con nomes relevantes a nivel internacional que ninguén segue no país, iso sería un síntoma de asimetría".
A importancia desa singularidade é tamén unha característica que destaca Aitana Cuétara, responsable de Luneda Producións, representante de músicos como Davide Salvado e cunha ampla experiencia en diferentes edicións do WOMEX e noutras feiras internacionais. "Vexo que á xente, tanto público como programadores, gústalles moito a nosa música por aí fóra. Chama moito a atención, percíbese que é moi distinta á doutros sitios e funciona moi ben".
Os precedentes
Non é esta a primeira ocasión na que a nosa música de raíz se achega ao exterior. Nos anos noventa e primeiros dous mil, unha serie de artistas conseguiron unha presenza inédita a gravar discos co parceiros internacionais e a participar en festivais alén dos mares.
A seguir na liña do indicado, para Belho "estamos a vivir unha certa consecuencia daquilo, pero a situación é diferente. Hoxe esta música está a ter moita máis aceptación da que tiñan aquelas figuras. Daquela tentouse levar a música tradicional a grandes escenarios e dotala dun armazón parello a outros espectáculos. Se cadra foi por influencia das figuras máis importantes a nivel mundial destes xéneros, que entón eran parte da música celta. Naquel momento había un importante interese de compañías e de medios por músicas que non nacían no mundo anglosaxón, e aí Galicia obtivo un beneficio que se traduciu nesas figuras de gaiteiros e gaiteiras". Fronte á situación naquel momento, apunta que "hoxe a reivindicación da figura da muller e do seu papel na tradición é o máis destacado que está a acontecer. Hai unha visibilidade renovada grazas a artistas como Mercdes Peón, e de aí beben Davide Salvado, Romero ou Díaz". En concreto, nesta edición do WOMEX "temos a Radios Cos e a Xavier Díaz, que responden a esta visión, pero tamén a Narf, Talabarte ou o Cuarteto Caramuxo, que se expresan noutros códigos". A respecto desta pluralidade, o produtor sostén que nos nosos días "hai unha grande normalidade na contaminación entre xéneros. Asúmese que a música é un todo polimórfico que ten moitas sonoridades e texturas. Esta outra das grandes diferenzas cos anos noventa, cando ao mellor os xéneros estaban máis marcados". Do mesmo xeito está se a diversificar o público que ten interese por este tipo de formacións. "Hai xente que nas súas preferencias ten o jazz, o hip-hop, afrobeat ou o balcánico. Xa non se trata dun público de xénero senón que hai moitas audiencias abertas á experimentar e escoitar ritmos diversos.
Pola súa banda, Cuétara recoñece que "houbo unha época na que estaba de moda este tema celta que agora xa está a pasar. Daquela era un momento de auxe dos países celtas a nivel mundial, entón nos festivais sumaban unha banda galega ás doutros lugares. Agora todo está mais englobado na World Music, xa non hai tanto festival folk celta, ampliaron a súa programación ou reorientáronse nesta liña". Esta reorientación tamén se deixa sentir nos proxectos que van chegando fóra desde o noso país. "En xeral hai unha visión máis ampla das músicas de raíz. Está Davide Salvado ou Xabier Díaz, que están a tocar moito, e tamén Radio Cos, que non é para nada celta. Trátase de propostas de música tradicional de tradición oral que se sofisticou para chegar aos escenarios, ten un perfil identitario galego maior e iso tamén lles gusta aos programadores".
Cuestións pendentes
Na actualidade malia á calidade sonora e aos esforzos colectivos, semella que non están a se aproveitar todas as oportunidades para exportar os nosos sons. Á hora de sinalar as eivas que polo momento presenta este panorama, os consultados coinciden en grande medida en apuntar a debilidade da industria. "O tamaño e a capacidade das empresas é limitado, o que lles supón, en moitas ocasións, unha incapacidade real para acometer os elevados gastos que supoñen as xiras e desprazamentos exteriores", recoñece Jacobo Sutil desde AGADIC. Coincide con el Cuétara, quen apunta que "as poucas discográficas que fican teñen menos recursos para este tipo de música. Na música ao vivo tamén é moi difícil traballar, as empresas somos pequenas e a lexislación laboral non axuda. Hai atrasos nos pagos e a miúdo resulta inasumible para moita xente". Ao seu ver "as dificultades que hai para saír fan que a presenza internacional sexa ridícula". Como exemplo pon o problema da propia presenza de firmas galegas no WOMEX. "A acreditación supón como mínimo 300 euros. Cando é en Compostela pode resultar accesible, non hai que coller un avión nin aloxamento, e entón hai máis empresas acreditadas. Pero cando se celebra noutro país pode ser carísimo. Eu estiven no de Dinamarca, e co nivel de vida que hai alí resulta prohibitivo. Para as firmas galegas do sector, que son pequenas ou mesmo unipersoais como a miña, non é sinxelo poder gastar 1.500 euros entre billete, hotel, acreditación e comida. Seguramente o vindeiro ano, que é en Polonia, sexamos tres ou catro empresas galegas nada máis". Ao seu ver, a situación a nivel industrial xa pasou mellores momentos, mesmo para os músicos. "Hai moitos proxectos fantásticos, pero semella que cada vez está todo menos profesionalizado. Houbo épocas de proxectos máis profesionais, agora a xente non pode dedicarlle a vida a tocar".
Nesa liña, Belho recoñece que no sector existe "certa debilidade que dificulta a comercialización e a difusión de autores e artistas". Para acceder ao mercado internacional "hai a miúdo barreiras relacionadas coa nosa situación periférica e con poder competir en prezo. Saír fóra non sempre vai asociado a un caché importante. Nese sentido cómpre ter unha estratexia e deseñar accións que permitan que estas barreiras diminúan". Este profesional relativiza o papel que deben xogar hoxe as compañías discográficas na proxección exterior da música, xa que para el "teñen un papel relevante pero non determinante". No entanto, ve necesario que exista "unha estrutura profesional, unha visión de conxunto do que pode achegar a música a un país a nivel económico, alén do cultural". Canda a isto apunta como eiva na estratexia de internacionalización que "non temos capacidade e non obtivemos bos resultados naqueles contextos e mercados que nos son máis próximos", como son o a lusofonía ou os países celtas.
As políticas públicas
A problemática das estratexias encol da internacionalización apuntan ao papel que xoga e debe xogar a Agadic e mais a súa marca Galician Tunes. Segundo sinala Jacobo Sutil, "Galician Tunes, que é a nosa marca común para a difusión exterior da música galega, está continuamente a medrar" e lembra datos como os 346 artistas, os 28 festivais ou as 885 recensións discográficas que alberga a plataforma dixital da marca. A maiores, apunta que "mantemos unha interacción constante co sector e cos públicos a través das redes sociais e das listas de reprodución que se publican periodicamente". Como perspectivas para o futuro da marca, o director da Agadic apunta que este "pasa polo que os propios profesionais, aos que presta servizo nos demanden en cada momento, pero a nosa idea a curto e medio prazo é vincular a marca con eventos e accións promocionais das que pode beneficiarse todo o sector. Así fixemos este ano co mercado GalicianTunes no Atlantic Fest da Illa de Arousa ou co Focus GalicianTunes" que achegou o traballo de músicos galegos a responsables de festivais internacionais durante os días previos ao WOMEX.
Desde a Agadic lembran ademais que as liñas de axudas para a distribución exterior están a apoiar no ámbito musical, "xiras internacionais como a Inter-Celtic de Carlos Núñez por Alemaña, Bélxica, Francia, Luxemburgo e Suíza; as actuacións de Lamas e Romero no Festival Intercéltico de Lorient, Uxía & Narf en Estados Unidos, Cuarteto Caramuxo en Toulouse; Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre en Bélxica ou os concertos de Leilía en distintos escenarios de Suíza". A maiores a Axencia abriu novas liñas de axuda para asistir a "algunhas das principais citas para o negocio musical mundial, como foron o último MICA de Bos Aires, o WOMEX 2015 de Budapest, South by Southwest en Texas ou Primera Línea na Habana". Deste xeito, Rómulo Rómulo Sanjurjo, Mare Produción, Lospregos, ou Sons Galiza recibiron apoios económicos para participar na última edición da feira de músicas do mundo en Rumanía. No entanto, desde a perspectiva de Cuétara estas convocatorias "son cativas e non dan" para atinxir unha presenza axeitada do sector nestas citas. Pola súa banda, Belho apunta como "unha cuestión clave" a necesidade de "dotar a Agadic dun departamento específico orientado á música e á súa internacionalización. Galician Tunes, concibida con este obxecto, debe crear unha dinámica propia e deixar de ser só unha marca. Cómpre que sexa unha oficina que aproveite o coñecemento de persoas que están ao día neste ámbito", reclama.
O papel dos WOMEX
Dentro do proceso de proxección exterior da música do país, ocupa un importante papel o propio WOMEX. Para alén de ser o foro internacional por excelencia para a difusión da World Music, a presenza en dous anos próximos da feira en Compostela pode outorgarlle a este evento un especial peso no despegue dos nosos músicos fóra do país. Así, para Belho, a celebración da feira "é unha enorme oportunidade que está ás nosas portas. Estou convencido de que é moi difícil que vaia volver a Compostela", advirte. O responsable de Nordesía apunta que a feira "non é un fin en si mesmo senón unha ferramenta máis, un catalizador. Aqueles artistas que teñan capacidade para enfrontar profesionalmente os retos dun evento como este sen dúbida obteñen, como xa están a facer, réditos importantes". Así, apunta que "a anterior edición foi moi positiva para os que participaron, segundo eles mesmo comentaron". Sutil, pola súa banda, recoñece que "da anterior experiencia que foi WOMEX 2014 quedaron retornos moi positivos, e non só estritamente no eido musical, senón tamén atendendo a valores de dinamización económica e sociocultural". E destaca a especial pegada que a feira promete deixar na internacionalización dos sons do país. "Hai que ter en conta que ter disposto no trienio 2014-2016 a celebración de WOMEX en Santiago, despois en Budapest e de volta a Santiago, permitiulles ás empresas galegas estreitar relacións coas súas colegas foráneas e amplificar, aínda máis, a oportunidade estratéxica que marcamos para este período temporal a través de iniciativas como Focus GalicianTunes ou mesmo a promoción do escenario local Atlantic Connections dentro de WOMEX".
Disinte relativamente con eles Cuétara en canto aos efectos que pode ter a dupla celebración da feira en Galicia. "Penso que, polo que se viu na edición de 2014, non supuxo grandes cousas. Acontece que podes ter unha banda que tocan no festival e un programador, poñamos que de China, veos, queda marabillado e quere levalos. Negóciase o caché e a continuación pregunta se tes axudas para viaxar. E aí remata a conversa. A liña de axudas de AGADIC para viaxar abre a comezos do ano e aínda que en teoría dura ata agosto, o orzamento remátase en abril. E para optar a elas tes que presentar o contrato asinado ou a acreditación do festival, e pode ser que, de se celebrar no outono, non teñas iso a comezos de ano e non poidas presentarte". Outro problema para moitas empresas é que, mesmo a contar con axudas "hai que adiantar cartos para billetes, e moitos non dispomos deles. Logo pódese debater como se reparten. Hai artistas que levan ata 30.000 euros para unha xira e outros que pedimos para ir a unha feira non nolas conceden". Entón, segundo sinala "o impacto é pouco por iso, aos programadores gústalles o que se fai aquí pero non podemos saír fóra porque non temos apoio abondo e a industria é moi feble".
Así e todo, para a responsable de Luneda a presenza neste evento é positiva. "Eu vou porque consigo resultados. É unha feira moi grande, complexa e con moita xente, e cómpre ter certa rodaxe para descubrir de cómo funciona. Eu o primeiro ano estaba alí perdida, hai que ir coñecendo xente, facer contactos cada vez máis sólidos, e eses é un traballo de tempo. É cando tes rodaxe que podes ir sacando cousas. Tamén pesa ter un artista que xa estea recoñecido a nivel internacional, como Mercedes Peón, que lle vai moi ben fóra".
Para alén da contratación e exportación de grupos e solistas, Belho avoga porque a presenza na feira sirva para consolidar un certo tecido profesional no país. "Temos que aproveitar a experiencia. Sobre todo as persoas que teñen un percorrido de anos neste sector debemos ser quen de pór na mesa iniciativas e estratexias que aproveiten o coñecemento acumulado de experiencias como esta. Podemos xerar dinámicas moi útiles e moi eficientes de aquí en diante, propor cousas concretas, como desenvolver un espazo que apunte aos países de fala lusófona ou latinos. Ou ser nós mesmo xeradores de actividade profesional e non ficar unicamente como peregrinos que asisten aos mercados que hai polo mundo", destaca.
Potencial
Malia á problemática do sector, hai coincidencia en sinalar o grande potencial que posúe o noso país para ocupar un posto destacado no panorama das músicas do mundo. Para Belho "Galiza é un territorio musicalmente moi prolífico con singularidades evidentes e conexións que veñen de vello. A lusofonía, a presenza histórica en Latinoamérica, o contacto europeo polo Camiño de Santiago ou o Mundo Celta supoñen un contexto moi favorable". A isto suma "o desenvolvemento de moitas estruturas a nivel formación e de creación", cuestions que, ao seu ver "facilitan que a nosa presenza internacional sexa máis doada do que anos atrás". Segundo el, boa parte do potencial vén do feito de sermos "un país musical", no que "segundo as contas case o dez por cento da poboación pode estar vencellada á música de diferentes xeitos. En Irlanda, nunha situación semellante, conseguen un impacto relevante, claro que a empregar o inglés, o mesmo que acontece en Escocia e Gales ou en Bretaña co francés. No noso caso temos un idioma, o galego-portugués cun importante número de falantes, pero nese mercado aínda non estamos inseridos como debiamos".
As vías para facerse un nome como país no panorama internacional son variadas. "No noso ecosistema musical están a saír moitísimas iniciativas con personalidade, e o mellor está por vir", asegura Belho. "Hai unhas grandes posibilidades de desenvolvemento e de implantación en mercados moi amplos. Precisamente o feito de non estarmos nunha posición central resultamos menos sospeitosos nalgunhas cousas e podemos ter un papel importante na difusión de artistas angolanos, caboverdianos ou portugueses en diferentes mercados". O futuro está aberto, mais vai esixir esforzos das empresas, dos músicos e das administracións. Tal e como sinala Cuétara, "fago isto por paixón, vou todos os anos a sacar artistas fóra porque creo no que fago e quero exportar unha cultura tradicional. Pero ás veces é esgotador", recoñece.