O papel protagonista de Marta Lado na pelÃcula Sicixia de Ignacio Vilar, serviulle á intérprete fisterrá para ser recoñecida co Premio á Mellor Interpretación Feminina no festival Cinespaña de Toulouse (Francia). Olalla, o personaxe de Lado en Sicixia, é unha persoa que se dedica a recoller algas e que no seu encontro con Xiao (Monti Castiñeiras), un técnico de son que recolle paisaxes sonoras na costa, consegue contaxialo da paixón polas paisaxes e tradicións da Costa da Morte. O festival francés tamén premiou a cinta No cow on the ice do pontevedrés afincado en Suecia, Eloy DomÃnguez Séren (Simes, 1985) co Premio ao Mellor Documental.
Os premios á mellor música e á mellor fotografÃa foron recaer na pelÃcula La decisión de Julia , que dirixiu o ourensán Norberto López Amado. O Festival Cinespaña de Toulouse está organizado pola Association du Festival International du Cinéma Hispanique.