Once proxectos levan os Premios Gran de Area

Os colexios de arquitectos de Ourense, Vigo e Pontevedra convocan estes galardóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Vivenda sobre o Miño, de Gallego Jorreto.

Vivenda sobre o Miño, de Gallego Jorreto.

O vindeiro 21 de outubro o Café Moderno de Pontevedra acollerá o acto de entrega dos Premios Gran de Area 2016. Estes galardóns, que convocan os colexios de arquitectos de Ourense, Pontevedra, Vigo recoñeceron un total de once proxectos distribuídos entre a Cidade Olívica, a das Burgas, Ribadavia, Baiona e A Guarda. Entre as 77 propostas que se presentaron a estes premios anuais, o xurado seleccionou construcións como a Vivenda sobre o Miño de Manuel Jorreto, a vivenda Crisálida de Mauro Lomba na Guarda, o Museo do viño de Ribadavia que deseñaron Manuel Seoane Feijoo, María Jesús Blanco Piñeiro e María Sonia López Calvo ou o Centro de interpretación das fortalezas transfronteirizas do Baixo-Miño realizado por Rodríguez + Pintos Arquitectos.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Vigo, Ourense, A Guarda...