As letras galegas lamentan hoxe o temperán pasamento do escritor Francisco Cortegoso (Pontevedra, 1985) que faleceu na súa casa de Bora (Pontevedra), á idade de 31 anos. O autor, que levaba meses loitando contra a enfermidade faleceu coincidindo coa saÃda do prelo do seu segundo libro de poemas Suicidas que editou Chan da Pólvora, editorial e librarÃa de Compostela especializada na poesÃa. Cortegoso recibiu no ano 2013 o Premio Pérez Parallé de poesÃa por Memorial e danza, editado por Espiral Maior. O xurado que asà o decidiu valorou da obra "a descuberta dunha voz singular, cun contido alento reflexivo despregado nunha sintaxe pouco convencional e un ritmo coidado". Nas súas redes Chan da Pólvora transmite a súa tristura e condolencias e conta como "nas últimas semanas aÃnda gardou ánimos para lle poñer o ramo ao libro 'Suicidas', que finalmente chegou hoxe ás librarÃas." Anton Lopo, Manolo MartÃnez e Gonzalo Hermo traballaron arreo para que o autor o puidese ver publicado conscientes da gravidade do seu estado. Hoxe os seus escaparates homenaxean a Cortegoso a través da súa obra póstuma.