Cincuenta especialistas debatirán no CCG sobre a diáspora europea

É a primeira vez que este encontro se realiza en Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Consello da Cultura Galega acolle, entre os días 28 de setembro e 1 de outubro, a vixésimo sexta Conferencia Anual da Asociación de Institucións Europeas de Migración (AEMI) que leva como título European migrant diasporas and cultural identities. É a primeira vez que Galicia se converte en sede dunha conferencia anual que reunirá a máis de cincuenta especialistas de todo o mundo para abordaren cuestións relativas á diáspora migratoria europea e á identidade cultural. O congreso contará con representantes de museos migratorios de Alemaña, Croacia, Inglaterra, Finlandia ou Francia, entre outros. Haberá un total de 35 comunicacións repartidas en sete sesións que analizarán as novas emigracións en Europa; novas migracións globais; diásporas; identidade e relixión, patróns de comportamento colectivo; transculturalismo e hibridación; museos de emigración e, finalmente, unha sesión dedicada á actual crise europea na emigración, con especial atención á crise dos refuxiados.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diáspora, Identidade, Museos, Consello da Cultura Galega...