O Consello da Cultura colaborará coa Asociación de Institucións para as Migracións Europeas

O Arquivo da Emigración Galega achegará contidos sobre a diáspora galega a 2 proxectos da entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Migraport portal web da Asociación de Institucións para as Migracións Europeas e mais a Historia migratoria europea 1800-2010 que prepara esta institución contarán con contidos sobre a diáspora galega. O Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega achegará material dos seus fondos contribuíndo para estes ambiciosos proxectos que permitirán coñecer mellor os fluxos migratorios do continente. No caso da volume sobre a Historia da migración, o Arquivo colaborará para elaborar o apartado que recolle este fenómeno en España.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Diáspora, Arquivo da Emigración Galega, Consello da Cultura Galega