Lugo acolle as 17 Xornadas DEAC de Museos

O encontro estatal celebrarase entre os días 7 e 9 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A xestión de museos en tempos de crise e as súas estratexias de comunicación a través das ferramentas web e das redes sociais son os temas que centran a 17 edición das Xornadas DEAC. Co lema Museos en crise? Novos retos, novas oportunidades representantes de centros de todo o estado e investigadores no campo da museoloxía visitarán os diferentes centros da Rede Museística da Deputación de Lugo e analizarán ámbitos como a educación e os museos nos social media, a acción social deste estes centros ou as posibilidades de cooperación entre os mesmos.

Representantes da Rede Museística Provincial, canda a delegados do IVAM de Valencia e mais do Museo do Prado foron os responsables de coordinar este encontro.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Educación, Deputación de Lugo, Museo do Prado...