A Cidade da Cultura acolle o Spin 2016

Preséntase como maior evento de emprendemento universitario de Iberoamérica

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:
A Cidade da Cultura acolle o Spin 2016

Co lema Creando cultura emprendedora a Cidade da Cultura acolle desde mañá, 29 de setembro e ata o vindeiro 2 de outubro a edición deste ano do Spin. Este encontro que promoven RedEmprendia, o Banco Santander, a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Cidade da Cultura e a Xunta comezaba onte as súas actividades paralelas. O encontro está considerado "o maior evento de emprendemento universitario de Iberoamérica" e conta coa presenza de destacados conferenciantes dos máis variados ámbitos. O compositor Gustavo Santaolalla, o ex seleccionador de fútlbol Vicente del Bosque, o cociñeiro Joan Roca, Juan Luis Arsuaga, co-director das excavacións en Atapuerca, a escritora Nélida Piñón ou Gisela Pulido, campioa do mundo de Kitesurf, serán algúns dos relatores. A maiores o programa inclúe tamén obradoiros como o de impresión 3D, e actividades paralelas como unha presentación a cargo de emprendedores "fracasados", un combate de debuxantes, proxeccións mesas redondas e outras propostas.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Santiago de Compostela, Cidade da Cultura de Galicia