Morre o escritor Xosé Luis Laredo Verdejo

Foi o autor de numerosas guías turísticas de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Morre o escritor Xosé Luis Laredo Verdejo

O 31 de agosto finou en Salamanca o padre Xosé Luis Laredo Verdejo, o autor da coñecida serie de guías de viaxes Galicia enteira, que editou Xerais en dúas series distintas nos oitenta e nos noventa, así como tamén colaborou con outras editorias galegas como Do Cumio, sempre con títulos de viaxes. Segundo o editor de Xerais, Manuel Bragado, "Galicia enteira formou a unha xeración de galeguistas na descuberta da terra nosa, no coñecemento da súa xeografía e da súa historia, dos espazos naturais e das pezas senlleiras". Laredo Verdejo era sacerdote e nacera na Coruña no ano 1931.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Compañeiras de papel

Compañeiras de papel

Internet e as novas demandas do mercado editorial abren novas vías para as guías de viaxes

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Bragado, Xeografía, Salamanca, A Coruña

Claves

Protagonistas
Conceptos