Un pregón de Xosé Lois O Carrabouxo abre hoxe a actividade da Praza dos Libros de Carballo. A Feira da Creatividade Cultural desenvólvese ata o vindeiro 24 de agosto a reunir obradoiros, presentacións, recitais, música e, como non, libros. Sete librarÃas e mais unha biblioteca concentran a oferta lectora nesta XI edición, que adianta a súa celebración de agosto a xullo. No programa, actividades xa clásicas como Un libro, un pan, que integra a promoción deste produto local coa literatura, ou os vermús, que estarán protagonizados polo cientÃfico Jorge Mira e mais pola cantante SofÃa Espiñeira. Canda a eles, Benigno Campos, o dúo AldaoLado, o futbolista Donato, que presenta a súa autobiografÃa, MarÃa Canosa, MarÃa Reimóndez ou Modesto Fraga son algúns dos nomes que participan no programa do evento.