Víctor Boullón debuta con Aleida, cidade sen alma

Xosé e Ramón Trigo únense en Lobada e Retranca presenta Impresiones de la isla

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Víctor Boullón debuta con Aleida, cidade sen alma

O vindeiro 25 de xullo preséntase ao público, no marco da Romaría dos Libros de Compostela Aleida, cidade sen alma. A libraría Kómic e Demo Editorial colaboran para lanzar a obra de debut de Víctor Boullón, unha historia de misterio ambientada no Santiago medieval. Pola súa banda, os irmáns Xosé, ao guión, e Ramón Trigo, aos lapis, unen forzas para lanzar, baixo o selo Caleidoscopio Lobadas. Unha historia ambientada no comercio de volframio na Galicia de 1943.

A seguir coas novidades editoriais da BD galega, Retranca Editora acaba de anunciar o inminente lanzamento de Impresiones de la isla. Un único volume recolle esta serie de Fernando Iglesias e Carlos Portela, que comezara a se editar nos anos 90 en Camaleón Ediciones e que ficara inconclusa ata o de agora.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Trigo, Retranca, Demo, Guión...