Tan só catorce anos despois da súa morte, xa ten un DÃa das Letras Galegas. O plenario da Real Academia Galega decidÃa dedicarlle a celebración de 2017 a Carlos Casares Mouriño. A súa figura, fundamental para entender a cultura do paÃs do último medio século, promete unha conmemoración variada e cunha importante participación social.
Â…E foi Casares. O Plenario da Real Academia Galega escolleu por maiorÃa absoluta a figura do novelista e dinamizador cultural para protagonizar o vindeiro DÃa das Letras Galegas. AÃnda que competÃa con outras tres figuras, o sempiterno Carvalho Calero, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales, o limiao impúxose en primeira volta por unha ampla maiorÃa, nada menos que con catorce votos a favor de entre os 23 emitidos. Se temos en conta que cada proposta tiña que contar cun aval mÃnimo de tres académicos, despréndese que, fóra dos que avaliaron candidaturas alternativas, o conxunto do plenario apostou por el.
Consenso
A maiores, o feito de que a proposta de Casares reunise sete avais, entre eles nomes de especial peso na nosa cultura, daba xa idea do potencial que tiña a figura para obter un amplo respaldo. Os nomes de Luz Pozo Garza, Salvador GarcÃa Bodaño, Fina Casalderrey, Francisco DÃaz-Fierros, Ramón Villares, VÃctor Freixanes e Manuel Rivas amosan a variedade de apoios cos que se presentou esta candidatura. A estes súmase, non se debe esquecer, boa parte da actual directiva da academia, que mantivo relacións persoais co homenaxeado e que vÃa con bos ollos esta elección aÃnda que non se implicase directamente na mesma. Deste xeito, o consenso aparece como un dos rasgos fundamentais da figura escolleita. Lonxe de polémicas como as que ergueu Filgueira Valverde ou dunha clara filiación polÃtica como a de Manuel MarÃa, Casares preséntase como un persoeiro que suscita amplos acordos, na liña dunha traxectoria vital na que o encontro e a comunicación aparecen como vectores fundamentais da súa actuación pública.
A potencia de autores recentes
A elección da Academia semella consolidar a tendencia dos últimos anos de aproveitar o pulo de autores contemporáneos. Como aconteceu con Filgueira Valverde, DÃaz Castro, Roberto Vidal Bolaño, Manuel MarÃa ou UxÃo Novoneyra, trátase de nomes aÃnda vivos na memoria, e co apoio dunha inxente documentación facilmente localizable e a miúdo dispoñible na rede, resulta relativamente sinxelo activar a partir destas figuras uns dÃas das letras vivos e cunha ampla participación social. Audiovisuais, entrevistas, gravacións sonoras, textos publicados na rede e todo tipo de material dan pé a reinterpretacións, lecturas, colectáneas, documentais, curtas e todo tipo de producións arredor da figura correspondente. E todo isto sen esquecer o grande compoñente emotivo que liga a moitos lectores con persoas que coñeceron en vida.
Figura poliédrica
De xeito similar a algúns dos anos anteriores a aposta por Casares amosa o interese por abordar na celebración figuras poliédricas, que permiten unha multitude de interpretacións. AsÃ, na súa presentación, a propia RAG define o homenaxeado como "Narrador, ensaÃsta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural" e apunta que se trata "dun intelectual de relevo extraordinario que destacou tamén pola súa implicación na vida cultural, social e institucional do paÃs e por unha laboriosidade incansable, ao tempo intelixente e reflexiva, e sempre cun compromiso inequÃvoco coa lingua galega". Precisamente o seu labor a prol da nosa lingua, non se pode esquecer que foi un dos responsables da redacción da Lei de Normalización LingüÃstica, preséntase como un eixe das conmemoracións que han vir.
Xa só a nivel literario, os seus méritos abranguen novela, ensaio, artigos de prensa. A estes cómpre sumar a atención que o autor prestou á literatura infantil e xuvenil. Este sector de público en alza, tal e como demostran as múltiples adaptacións de Manuel MarÃa que estamos a ver con esta orientación, garante unha ampla produción cultural desde a iniciativa privada, especialmente a nivel musical e escénico, e eventos multitudinarios. Segundo recoñece a "a Real Academia Galega considera que a calidade, a vocación abertamente comunicativa e o carácter variado da súa obra, que incluÃu a literatura infantil, o xornalismo e o ensaio, converten a Carlos Casares nun escritor especialmente idóneo para protagonizar a celebración das Letras Galegas de 2017. Con toda seguranza, reforzará o prestixio das nosas lingua e literatura non soamente entre o público escolar e estudantil en xeral, senón entre o gran público lector, que xa celebrou en vida a súa espléndida obra literaria". A popularidade e recoñecemento que acadou o autor xa en vida son un claro engado para a implicación social e educativa nas conmemoracións.
ParceirÃas
Tal e como están a amosar as celebracións da última década, o feito de contar con entidades que actúen como parceiros facilitan o desenvolvemento de actividades e garanten unha grande dinamización de cara á festividade. Deste xeito, o feito de ter sido Casares o terceiro presidente do Consello da Cultura Galega ou director da Editorial Galaxia garante unha especial implicación destes organismos na celebración do vindeiro ano. Por se fose pouco, Casares conta tamén cunha fundación que coida e traballa o seu legado e que, a semellanza do que aconteceu con outros homenaxeados recentes, vai actuar como centro de referencia de cara á sociedade para os proxectos de recuperación e divulgación da figura. Desde esta entidade xa anuncian que o vindeiro ano, para alén de estudos e encontros sobre o autor, verán a luz textos inéditos.
Deste xeito, está claro que podemos contar cun 2017 de Letras Galegas intensas. Actos institucionais, académicos e sociais prometen artellar unha axenda do máis variado arredor da figura de Casares. O alcance da súa figura promete dar pé a aproximacións inéditas a un personaxe e a unha obra que resultan fundamentais para entendermos a nosa cultura actual.