Localizan un importante petróglifo en Campo Lameiro

Consta dunha gran espada rodeada de animais

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O concello de Campo Lameiro segue a demostrar que o alcume "a capital galega da arte rupestre" está máis que xustificada. No transcurso de traballos de documentación dixital levados a cabo por Miguel Carrero, Alia Vázquez e Benito Vilas, localizáronse dúas novas estacións de arte rupestre das que unha delas presenta un conxunto moi pouco frecuente. Trátase dunha gran espada de 80 centímetros de longo -unha das maiores representacións de Galicia- rodeada de animais, a súa maioría cérvidos. Ata agora as representacións de armas estaban asociadas a outras representacións de armas de todo tipo, pero non era frecuente unha asociación tan estreita entre animais e armas. O petróglifo atópase no outeiro do Chan de Isca, a 250 metros do parque arqueolóxico.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía

Claves

Conceptos