O novo número do Anuario Brigantino, correspondente a 2020, vén con numerosos contidos de interese. Entre eles, unha nova entrega do Grupo Arqueolóxico Terra de Trasancos, que vén publicando anualmente o inventario de gravados rupestres inéditos do concello de Vilarmaior (A Coruña). Desta volta, os achados son especialmente relevantes. 47 novas estacións de arte rupestre que xa forman parte dun listado de 165 petróglifos. Entre elas, o xacemento de Chousa Vella - Monduriz 2, onde o grupo localizou un conxunto de combinacións circolares ás que se engade un animal -cérvido ou cabalo-, pero tamén un conxunto de representacións de armas: "unha alabarda e posiblemente unha espada ou puñal, ademais dun posible escutiforme ou máscara". Trátase dun tipo de representación moi escasa en Galicia. Segundo o grupo, supón a representación de animais máis ao norte de Galicia. Por outra banda, os arqueólogos VÃctor Tomás Botella e Xosé Ramón MartÃnez Casal documentan por primeira vez a existencia dun poboado castrexo no casco urbano de Betanzos, a partir da descuberta dun tramo de foxo e a documentación de fragmentos cerámicos que permiten afirmar a existencia dun poboado entre os séculos IV a II a.C. Curiosamente, o castro está mencionado na documentación medieval na que se dá conta do traslado da poboación de Betanzos ao "castro de UntÃa", pero non estaba documentada arqueoloxicamente.