Tal e como anunciara a comezos do ano, a Fundación Manuel María acaba de tirar á luz o volume A poesía de Manuel María de Camilo Gómez Torres. A obra, unha versión da tese doutoral deste autor, supón o máis exhaustivo achegamento á lírica do poeta chairego nunca realizado, un total de 800 páxinas que analizan as diferentes obras e correntes poéticas coas que traballou o autor. Ademais, Gómez Torres establece o corpus completo da obra do autor, a recoller tanto a obra publicada como a inédita. O volume está xa á venda a un prezo de 35 euros.
A entidade tamén presentaba nas últimas semanas o volume Regato do Cepelo, unha guía sobre este curso de auga de Outeiro de Rei que está moi presente na obra do poeta. O volume, da autoría de Fernán Álvarez, parte dos versos de Manuel María para facer unha interpretación exhaustiva do patrimonio natural e cultural vencellado a este espazo, nun orixinal xeito de achegar poesía e natureza.