A edición de 2016 da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que se presentou hoxe na Cidade da Cultura, concede un especial protagonismo á mirada en feminino da escena e dende a escena, con grandes personaxes para grandes actrices. A memoria, a violencia, a palabra ou a arte, eixos temáticos ou motivos recorrentes sobre os que o Director ArtÃstico, Roberto Pascual, construÃu un programa de 20 espectáculos procedentes de Lituania, Francia, Arxentina, Chile, distintos puntos da xeografÃa española e Galicia. A presentación en Galicia do traballo escénico de Oskaras Koršunovas, Director do Teatro Municipal de Vilna en Lituania, é un dos grandes atractivos do cartel desta edición de 2016, xunto co programa especial extendido de celebración do 30 aniversario de Matarile Teatro ou a presentación da espectacular mestura de cómic, vÃdeo e teatro de TeatroCinema de Chile.
Entre o 15 e o 24 de xullo poderán verse en Ribadavia obras como Voaxa e CarmÃn, a obra da nova dramaturga galega Esther Carrodeguas, que a MIT estrena y coproduce, despois de ter gañado o ano pasado o concurso de textos teatrais Abrente do festival. A obra parte da historia real de dúas mulleres, Maruxa e Coralia Fandiño Ricart (as dúas MarÃas), que viviron no seo dunha familia anarco-sindicalista en Santiago de Compostela e que sufriron a burla, o menosprezo e a violencia da sociedade franquista. A estrea está protagonizada por Mabel Rivera (Premio Goya por Mar Adentro) e Belén Constenla. Aos espectáculo do escenario principal no Auditorio do Castelo súmanse os espectáculos para público familiar no recén bautizado Auditorio Manuel MarÃa MarÃa da Casa da Cultura de Ribadavia (“Amour”, de Marie de Jongh -Premio Ercilla á mellor produción teatral vasca de 2015- e “El pájaro prodigioso”, de La Maquiné), a Iglexa da Madalena (espazo para a residencia artÃstica e o programa especial do 30 aniversario de Matarile) e varios espectáculos de rúa, tanto no apartado Ruadavia coma no SputMIT (satélites da MIT no rural). Ademais, ao programa de espectáculos, coma en todas as edicións, sumaránselle unha serie de actividades paralelas, que se presentarán en dÃas vindeiros, xunto coa información detallada sobre a venda de entradas.