Boinas para unha lingua

Unha campaña reivindica nas rúas de Compostela a forza da lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Retrato de Paula Fernández con xoia realizada por Celia Sancho. Autor da fotografía: Ismael Torres

Retrato de Paula Fernández con xoia realizada por Celia Sancho. Autor da fotografía: Ismael Torres

Hoxe inaugúrase unha campaña cunha asociación inusual: a reivindicación da boina e da lingua galega ao mesmo tempo. A través de Galteo, o espazo de dinamización da lingua da Escola Mestre Mateo e o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces elaborouse o proxecto "A lingua, a arte da túa terra. Boinas en Compostela", no que se presentan a persoeiros coñecidos da vida social e cultural da cidade vestindo boina e explicando a súa relación coa lingua galega. Nos retratos, realizados polos alumnos de Fotografía, as persoas aparecen levando as boinas personalizadas cos complementos deseñados e realizados polo alumnado de Xoiaría da Mestre Mateo. En total, hai vinte retratos distribuídos polas rúas de Compostela.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Fotografía, Vila de Cruces, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...