A Catedral de Santiago acolle unha das mellores mostras de arte en alabastro

Estará aberta ata o 31 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Foto: Catedral de Santiago

Foto: Catedral de Santiago

Non é habitual que coleccionistas privados galegos accedan a amosar as súas pezas, e menos nunha exposición tan ampla como a que se pode visitar no Pazo de Xelmírez de Santiago de Compostela. Alí pódense admirar a selección de 88 pezas de alabastro que o coleccionista coruñés Xaime Trigo foi atesourando ao longo de varias décadas de busca por todo o mundo. A selección discorre entre os séculos I e XX, e permite ver a evolución do uso artístico deste material, no que destacan as Virxes de Trapani ou as esculturas elaboradas en Nottingham, un dos centros históricos da elaboración deste material.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Catedral de Santiago, Pazo de Xelmírez, Santiago de Compostela