Homo Sapiens, transmisor de coñecemento é o tÃtulo da mostra temporal que desde o pasado 11 de xaneiro pode verse no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) en Santiago de Compostela. A exposición recolle unha escolma de materiais depositados nos institutos históricos de Galicia, seis centros integrados nunha rede co propio museo e que custodina material educativo de interese histórico. Entre as pezas que se poden ver na mostra están un modelo humano clásico, un ovo eléctrico, estoxos de xeoloxÃa, un telégrafo ou un cadro de avisos de chamadas eléctrico entre outros dispositivos que entre finais do século XIX e comezos do XX foron vangarda a nivel didáctico.
Na inauguración, a conselleira de Educación, Carmen Pomar, anunciou a vindeira publicación dunha orde que regulará por vez primeira esta declaración. AsÃ, estableceranse os criterios que deberá cumprir un centro para ser considerado histórico, o que tamén permitirá a ampliación do número de institutos acollidos á denominación. Na acutalidade o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña), o Salvador de Madariaga (A Coruña), o IES Lucus Augusti, o Ramón Otero Pedrayo (Ourense), o Sánchez Cantón (Pontevedra) e o Arcebispo XelmÃrez I (Santiago de Compostela) son os centros que contan con esta declaración e achegaron fondos para a actividade.