Roi Casal achégase ao Caribe con Son galego, son cubano

O músico canta a Neira Vilas nun álbum con Pablo Milanés, Laritza Bacallao e Nando Casal

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Roi Casal achégase ao Caribe con Son galego, son cubano

O novo proxecto de Roi Casal trascende un simple lanzamento discográfico. Son galego, son cubano é un libro-CD que inclúe ademais o documental A Illa dos galegos. O filme explora, a través da elaboración do disco, as pegadas dos galegos na illa. O álbum conta con letras orixinais de Neira Vilas, no que foi un dos últimos proxectos nos que estaba a traballar cando faleceu e inclúe colaboracións de Pablo Milanés, Laritza Bacallao e Nando Casal. Temas como Caballero de París, Pinar del Río, Amor cubano ou Gres recollen vivencias e historias que Neira Vilas recolleu sobre o país. Dous concertos no Gran Teatro Alicia Alonso, antigo Centro Galego, serviron para presentar o proxecto na illa caribeña os días 27 e 28. A xira continuará ao longo deste verán por Galicia, con datas confirmadas xa en Cambados a coincidir coa Feira do Albariño de Cambados.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cambados, Documental, Feira, Teatro

Claves

Lugares