Falece o editor Sabino Torres

Finou hoxe en Madrid aos 91 anos

23/5/2016 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
18 lecturas | Compartido 0 veces

Sabino Torres na Casa de Galicia de Madrid. Foto: Alvarellos Editora

Foi un importante activista cultural ao longo da súa dilatada vida, e hoxe finaba en Madrid aos 91 anos. Sabino Torres foi, en palabras dos editores galegos, "unha figura irremplazable da nosa lírica". Fundou en 1949 a Colección Benito Soto, a primeira en publicar poesía en galego tralo golpe de Estado. Sabino Torres fundou varias revistas, como Finisterre ou Ciudad en Pontevedra, e o semanario Litoral en 1953. A súa obra literaria é tanto en verso como en prosa e a súa última publicación foi o volume Crónicas dun tempo Escondido (Galaxia, 2014).

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos