O autobús de iFala comeza o seu percorrido

O proxecto leva unha mostra sobre as Irmandades da Fala por todo o país

23/5/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: historialinguasociedade
17 lecturas | Compartido 0 veces

A Coruña e Betanzos foron esta fin de semana as primeiras paradas do autobús da iniciativa iFala. Este proxecto da asociación Ora Galega e mais da Deputación da Coruña comezaba sábado a súa itinerancia para dar a coñecer o traballo das Irmandades da Fala cando se celebra o centenario deste movemento. Unha exposición, unha app, vídeos, unha canción específica composta por Poetarras, visitas guiadas e actividades fan parte dun programa que percorre o país nun autocar de dous andares. O proxecto continúa o seu camiño por Ferrol (28 de maio), Viveiro (29), Lugo (4 de xuño), Ribadeo (5 de xuño), Vilalva (11 de xuño) ou Monforte (día 12) entre outras localidades.



As Irmandades da Fala | Videoremix from Illa Bufarda on Vimeo.



De xeito paralelo, o Consello da Cultura Galega incorporou esta fin de semana ao seu Álbum das Irmandades, e no marco desta conmemoración as biografías de dous novos membros deste colectivo. Xaime Quintanilla e Victoriano Taibo

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego