O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay fechaba este domingo a súa terceira edición coa entrega de premios. Como novidade, a organización outorgoulle un Premio de Honra ao humorista Pedro Reyes. O falecido actor protagonizaba unha das webseries da sección oficial, Pedro Reyes For President. No entanto, o grande vencedor desta xeira foi a produción El Partido, que levou os premios á mellor direccións e mais á mellor webserie en imaxe real. Poetarras, pola súa banda, recuncou como mellor webserie en galego, un galardón que xa obtivera hai dous anos. Orfanato atroz, de Antón Varela, foi recoñecida como mellor webserie de animación, categorÃa na que houbo unha mención especial para o proxecto Niño ratón.
No apartado internacional, o premio foi para a serie suÃza Arthur, cunha mención especial para a arxentina Aventuras de corazón roto. O público pola súa banda recoñeceu a Beto cos seus votos.
David Sainz-Rozas obtivo o recoñecemento ao mellor guión por El colega canario, produción que tamén viu recoñecido o traballo de Óscar Lara Palacios co premio ao mellor actor. A mellor actriz foi Esperanza Guardado, polo seu traballo en Briget Jon de Triana. Finalmente, Peter Brandon, un falso documental de Porco Bravú, estrou o premio ao mellor proxecto de webserie en galego.