Les coses grans e Entre pipas triunfan no Carballo Interplay

Redondela en Curto recoñece a produción El Tío

A comedia catalá Les coses grans impúxose como gañadora na primeira edición do festival de Webseries Cargallo Interplay, que se celebrou esta fin de semana. O proxecto levou os galardóns á mellor webserie de imaxe real, mellor interpretación feminina para Mar de Ulldemolins e mais o premio do público. Seguiuna no palmarés Entre Pipas, recoñecida co premio á interpretación masculina para Luis Zahera e Xúlio Abonjo e mais co de mellor guión. Ventura time resultou vencedora na categoría de animación e Poetarras levou o premio ao mellor traballo en galego, categoría na que tamén obtivo unha mención Palabras secretas.

Ao tempo, o público seleccionou o traballo El tío como gañadora da última edición do festival Redondela en Curto. O filme de cinco minutos foi dirixido por Álex Montoya e impúxose entre as 16 producións participantes. Tamén se fallou o premio Andaina, centrado en curtas sobre persoas con necesidades especiais. Nestecaso foi El amor a los veinte años, de Javier Espinosa a fita gañadora.