O Salón de actos do MARCO de Vigo acollÃa esta mañá o Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) Ruralidades, Feminismos e Comúns. Esta nova iniciativa, nada do grupo de investigación Histagra da Universidade de Santiago, do colectivo Montenoso e mais da Rede Revolta pretende "converterse nun espazo novo de intercambio e produción de coñecementos" no que distintos grupos artÃsticos, colectivos e entidades de investigación colaboren na "construción de novas narrativas e lecturas que aborden os tres eixos epistémicos: comúns, ruralidades e feminismos". O proxecto ten aberta unha convocatoria para colaborar neste labor, dirixida a "a persoas vencelladas con comunidades investigadoras, creativas, de montes veciñais que teñan interese na intersección de saberes derivados de campos como as universidades, museos, colectivos ou de espazos autoxestionados".
Pola súa banda, Nova Escola Galega celebra en Compostela entre os dÃas 24 e 27 deste mes as I Xornadas sobre coeducación rural e diversidades. Co lema ConstruÃndo igualdade nas nosas aldeas o encontro abordará cuestións como a problemática do xénero e das persoas LGTBI no medio rural. Mediante un enfoque colaborativo, os participantes nas xornadas tentarán analizar o xeito no que se desenvolven estas identidades no contorno, con temas como a vulnerabilización, estigmatización e cousificación da diversidade afectivosexual nas contornas rurais.