O monte común é parte do patrimonio cultural galego: unha modalidade ancestral de autoxestión e propiedade colectiva que se vai ver afectada polo anteproxecto de Lei de racionalización e sostibilidade da administración local, coa posible perda de 3700 mancomunidades. O monte é noso_Sachando Procomún é un proxecto que nace da unión de varios colectivos de diversa índole cultural e artística coa finalidade de xuntar os conceptos de tecnoloxía (rede) e terras (monte) baixo un mesmo fin: a permanencia dos montes en mancomunidade.
Unido ao rural e á idea de procomún, o proxecto desenvólvese baixo o lema reivindicativo O monte é noso e os seus principais obxectivos son, por un lado, facilitar a visibilidade dos montes comunais a través das novas tecnoloxías aplicadas á cartografía; e, polo outro, crear sinerxías entre as comunidades de montes para a mellora no aproveitamento e sostibilidade das terras. Unha rede de apoio mutuo que lles permita compartir experiencias aos comuneiros e axude a implementar a revalorización dos montes.
A iniciativa xorde dous anos atrás na Summerlab Feira Imaxinaria 012 de Vigo, como relata Álex Fernández, un dos participantes no proxecto: alí encontrámonos varias xentes interesadas en atopar formas alternativas de gobernanza. Xorde, entón, a idea de decantarse polos montes en man común, unha realidade social que se xestiona en liberdade de axentes externos. Os colectivos que forman parte do proxecto son Alg-a.org (comunidade de artistas), Rural Contemporánea (colectivo de acción social no medio rural), Asociación Artesáns de Innovación (creatividade aplicada á artesanía), Tecnologías Apropiadas e Constelaciones (medios dixitais).
O procomún dos montes veciñais
A idea de procomún (pro-proveito e común), que na actualidade se desenvolve no Laboratorio de MediaLab Pro en Madrid, rompe a clásica dicotomía público/privado. É dicir, os montes comunais non son xestionados pola Administración pública nin por unha entidade de carácter privado. O colectivo defende o procomún como a nova maneira de expresar unha idea moi antiga: que algúns bens pertencen a todos; e que forman unha constelación de recursos que herdamos e creamos conxuntamente e que esperamos legar. A súa principal característica é que son os propios veciños (coñecidos como comuneiros/as), que residen de maneira habitual nese territorio, os copropietarios del e os que deciden o seu uso e xestión. Son capaces de establecer gobernanza a través do consenso e do costume.
O monte é noso_Sachando Procomún quere dar visibilidade non só ao aspecto económico do monte, senón tamén ao seu carácter social e de benestar medioambiental, o monte é moito máis ca unha terra que explotar, afirman. Estase producindo desde hai anos unha reapropiación dos montes comunais por parte das institucións baixo a premisa de que estes están inutilizados e en mans de ninguén. Nada máis lonxe da realidade, se antigamente o monte comunal representaba un ben vital (alimento do gando, fertilizante, leña ) para o desenvolvemento das persoas, hoxe é un recurso engadido para as comunidades de montes.
Os montes en mancomún e as entidades locais veranse afectados polo anteproxecto de Lei de racionalización e sostibilidade da administración local se finalmente entra en vixencia. Co obxectivo de que estas entidades se adapten á Lei orgánica de estabilidade presupostaria e sostibilidade financeira, disolveranse as 3725 entidades locais menores existentes, entre as que están as pedanías ou as parroquias, que pasarán a ser absorbidas polos Concellos dos que dependan e, polo tanto, a xestión actual dos seus montes, escolas, dereitos de caza, etc. En Galicia hai 9 parroquias que son entidades locais menores. Unha en Ourense, en Berán (Concello de Leiro), e oito en Pontevedra (Gondomar), Pazos de Reis (Tui) e Queimadelos e Vilasobroso (Mondariz). Faranno aquelas mancomunidades cuxa sostibilidade financeira non estea asegurada e as súas competencias pasarán a ser exercidas polas deputacións provinciais, que se reforzan.
Na actualidade, existen arredor de 640 000 hectáreas de montes comunais e aproximadamente 150 000 comuneiros/as. Concéntranse sobre todo na provincia de Ourense, onde acadan case o 40% dese territorio. Pódese establecer que máis de 500 000 persoas están directamente relacionadas cos montes comunais, representando aproximadamente 1/6 do total da poboación galega. De feito, entre un 20 e un 30% da poboación das provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra son partícipes nos montes en man común, mentres que na provincia da Coruña esta porcentaxe descende ao 5% segundo Francisco Quiroga, investigador do proxecto. Na actualidade, en Galicia o 51,6% da superficie veciñal está xestionada pola Administración, o 44,3% polas propias comunidades e o 4% da superficie está abandonada.
Cartografía estendida
Unha das iniciativas que está levando a cabo o proxecto O monte é noso_Sachando Procomún é a creación dun mapa en liña interactivo que xeolocaliza e delimita todos os montes en mancomún que existen en Galicia. Trátase dunha forma de facer visibles os montes e que os comuneiros compartan experiencias e formas de xestionar o monte afirma Fernández. Pretenden tecer, desta maneira, unha gran rede de comunicación eficiente para o intercambio de prácticas e experiencias entre as comunidades de montes. A idea é que de forma intuitiva calquera poida navegar no mapa e editar contidos (subir fotos, vídeos, audios, textos ), contribuíndo á construción dun coñecemento base arredor dos montes en man común. A información organízase en diferentes capas/niveis distinguindo o plano material (recursos do monte), fronte ao inmaterial (actividades socioculturais que dinamicen as comunidades).
Lar comunal
Outra proposta deste grupo de colectivos é a xénese dun grupo de investigación coñecido como Lar comunal e cuxa función é indagar sobre a xestión do chan dos montes comunais, tanto en Galicia coma noutros lugares con realidades semellantes (norte de Portugal, Alemaña ou Polonia), ter claro cal é a lexislación que o regula e ver que posibilidades e usos, ademais de gobernanza e aproveitamento, poden ofrecer as comunidades de montes: crear un laboratorio aberto para a investigación dos montes comunais e a súa xestión baseándose no procomún que xere un lugar para a documentación e arquivo.
Intervencións artísticas
O monte é noso_Sachando Procomún pretendeu tamén o lanzamento dunha convocatoria aberta de residencia coa finalidade de desenvolver intervencións nos montes comunais. Comezan cunha proposta específica no monte de Valadares (Vigo) e vai dirixida a arquitectos, permacultores, enxeñeiros, biólogos, sociólogos, músicos Xunto aos propios comuneiros e tras rematar a convocatoria, elixiremos os proxectos que sexan máis adecuados ao que pretendemos no monte. Ao mesmo tempo, desenvólvense outro tipo de accións paralelas coma obradoiros (sobre redes sociais, xestión de subvencións, música para os nenos), exposicións, libros, etc.